Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outras seis persoas morren con coronavirus na provincia de Ourense
A do sábado foi a primeira xornada sen mortes por coronavirus na provincia de Ourense desde o pasado día 10, pero este domingo foi especialmente tráxico. O Sergas informou de oito falecementos nas últimas 24 horas e seis deles corresponden á área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Todos os mortos tiñan máis de 65 anos e sufrían patoloxías previas.Dous deles eran usuarios da residencia dos Gozos, de Pereiro de Aguiar, a que máis casos activos ten de Galicia. Un home de 87 anos faleceu no propio xeriátrico e o outro, de 86, despois de ter sido ingresado no CHUO. Ademais, no complexo hospitalario ourensán morreron outras catro persoas: un home de 86 anos que procedía da residencia Nosa Señora do Viso (Lobeira) e outros tres homes de 67, 94 e 78 anos.

Andrea Romero 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0