Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Casco Vello de Vigo renace a golpe de talonario público e privado


Durante o confinamento de marzo, os ruídos das rebarbadoras seguiron soando no Casco Vello de Vigo. Os obreiros traballaban en máis dunha decena de casas en rehabilitación ou reforma. Simboliza o rexurdir do barrio pesqueiro e histórico da cidade, un proceso que arrincou nos anos 90 para eliminar o ruído nocturno, o tráfico rodado e a droga. O renacer está a ser a golpe de talonario público e privado, con reformas e subvencións, mudando sedes de organismos ás antigas rúas de viños e aproveitando oportunidades inmobiliarias. O Casco Vello vai camiño de converterse na primeira supermanzana de Galicia. Será un barrio humanizado e peonil, que se estende desde a rúa do Príncipe ata O Berbés.

Actualmente, hai grandes proxectos en marcha. A iniciativa privada quere reurbanizar a área costeira. A promotora Gestilar levantará no Barrio do Cura 400 pisos de luxo con vistas á ría, ao redor dun asilo e unhas vellas casas demolidas nas que só quedaban okupas. O proxecto que intentou pór en marcha no seu momento o exfutbolista Karpin (vendeu afogado polas débedas), está aprobado e listo para iniciar a construción.


- Paloma González González, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0