Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inspección di a varios centros que non teñen autorización para os purificadores:
As federacións de ANPAs desaconsellan aos pais facerse cargo da adquisición destes equipos.
Colexios como o CEP Xosé Neira Vilas de Gondomar ou o CEIP Virxe do Carme de Burela serviron de inspiración para moitos centros coa súa iniciativa de colocar nas aulas purificadores que axuden a ter o aire limpo de virus cando manter as fiestras abertas toda a xornada se fai imposible. Con todo, quen queren seguir o seu exemplo non o están tendo fácil. Varios centros confirman ter recibido avisos da inspección educativa advertindo de que non poden instalar este tipo de equipos. «Hai uns días chegounos un escrito de Inspección dicíndonos que os equipos directivos dos centros non temos autorización para colocar ningún tipo de ventilación», explican desde a dirección dun colexio da comarca do Salnés. Este centro nin sequera iniciara trámites para colocar estes equipos, pero si fora consultado por un grupo de pais sobre a posibilidade de adquirilos e doalos.

No CEIP Souto Doas de Gondomar está paralizada a instalación de doce purificadores cuxa compra foi aprobada polo claustro para colocalos en aulas, biblioteca e comedor. «Algúns pais falamos co inspector e dixo que había que esperar un informe técnico vendo se se recomendaban eses aparellos ou non. Hai xa máis dunha semana que se pediu permiso e seguimos sen noticias, pero sabemos que noutros centros se lles está dicindo que non se deben instalar», explica unha das nais que forma parte do núcleo de familias que promoveu a iniciativa.

Mentres tanto, no Neira Vilas continúan funcionando os equipos comprados con achegas dos pais e instalados, neste caso si, co visto e prace da inspección, sen que polo momento teñan recibido ningunha nova instrución respecto diso.

Noa Varela 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0