Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A mirada dun can abandonado en Ourense alcanza repercusión nacional
Conra non vai ser sacrificado. Nas últimas horas, varios usuarios das redes sociais apuntaron a este fatal desenlace para un dos centos de cans que alberga a protectora da cidade de Ourense, Progape, pero trátase dun bulo. Galicia prohibe esta práctica deliberada desde fai máis dun ano.

?Non sacrificamos a ningún animal?, contesta a vicepresidenta da Protectora de gatos e cans (Progape) de Ourense, Paula López. A polémica xurdiu nas últimas horas tras a publicación en redes sociais e o consecuente eco, mesmo desde perfís con miles de seguidores, dunha información errónea que sinalaba que Conra, un can de oito anos que pasa os seus días desde fai 6 no patio da organización animal, ía ser privado da súa vida inminentemente de non ser adoptado ou acollido. A máis diso que a Lei de Benestar Animal aplicable a Galicia prohibe dita praxe, desde Progape resolven esta controversia e afirman que o sacrificio unicamente leva a termo ?por enfermidade? e baixo ?decisión veterinaria?.

Con todo, non se adoitan dar peticións de adopción chegadas desde fóra da comunidade ou máis aló de España, só se producen cando o caso dun can é soado, como é o exemplo de Conra: un animal ?alegre? de oito anos ao que ?quedan moitos? máis, segundo indican desde a protectora.

Miguel Arias 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-10-2020 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0