Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E se a escola aprendese a detectar delitos sexuais?
A CIG-Ensino traslada á Consellaría de Educación a petición dun protocolo educativo que tome como referencia o traballo realizado no partido xudicial compostelán sobre a investigación e tratamento dos delitos de índole sexual e a publicación da Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo elaborada pola propia Xunta o ano pasado.


Que os colexios e institutos son e poderían ser "fonte de detección" de delitos de carácter sexual en menores de idade é unha das premisas que sustancian unha parte do protocolo do partido xudicial de Santiago de Compostela sobre este tipo de delitos.


Trátase dun documento amplo dirixido a mellorar a eficacia da investigación da criminalidade sexual e reducir a vitimización que soportan as persoas que sufriron un ataque deste tipo no proceso policial e xudicial, e que tamén incorpora pautas sobre como actuar no ámbito do ensino ante a sospeita dun caso deste tipo.


O protocolo, en cuxa elaboración participaron institucións como a Secretaría Xeral de Igualdade, a Consellaría de Política Social, o Imelga, o Sergas ou a Fiscalía, nun grupo de traballo dirixido pola maxistrada Ana López-Suevos, e que xa foi ratificado polos concellos do partido xudicial onde prevé aplicarse e boa parte das entidades implicadas, é, para o sindicato CIG-Ensino a referencia que a Xunta debería empregar na elaboración dun protocolo sobre delitos sexuais para o ámbito educativo, hoxe inexistente.



Así llo fixo chegar esta semana o seu secretario nacional, Suso Bermello, ao conselleiro de Educación, ao que o sindicato reclama a posta en marcha deste regulamento, así como a publicación da publique a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo elaborada pola Xunta o ano pasado, para dotar os centros de ensino de ferramentas que eviten incorrer en irregularidades legais ou acrecentar a vitimización ou danos engadidos de quen está a padecer o delito.


Pautas de actuación

Como confirma a maxistrada López-Suevos, o protocolo creado para aplicar no partido xudicial compostelán ?o primeiro no ámbito xudicial galego? dedica unha parte ao ámbito académico, así como no traballo social, en centros ocupacionais e noutros servizos dirixidos a menores ou persoas con discapacidade, para o que apunta os mecanismos de actuación ante a sospeita dun delito destas características que teña como vítima un alumno ou alumna.



"O procedemento, realizado por especialistas en Psicoloxía Forense, axuda a non vitimizar nin destruír probas, que son dúas cuestións esenciais, expón a especialista en conversa con Nós Diario, e sinala que esas pautas de actuación poderían axudar a detectar moitos máis casos, "porque darían máis capacidade de percibir condutas demostrativas de que pode haber indicios de delito".


Como apunta, o profesorado e os equipos dos centros descoñecen, en moitos casos, a que institución recorrer en situacións deste tipo ou cal debe ser o seu papel para recoller vestixios sen alterar as probas, porque ás veces "a mellor das vontades leva a actuar de forma nefasta" de cara á investigación.


Pon un exemplo. "O habitual cando un alumno ou alumna relata, á súa maneira, unha agresión é que o docente avise á titor, á dirección, á orientación para que escoite o relato. O que ocorre é que desa maneira está vitimizando á persoa, que ten que relatar a experiencia unha e outra vez, e ademais está contaminando a proba, ao facer preguntas que poden suxerir datos ou cuestionar a credibilidade. Iso é o que non deben facer nunca, intentar obter o relato dos feitos máis alá do mínimo espontáneo", subliña.


Por contra, o papel do equipo docente si é útil na detección de cambios de conduta e outros indicios que poden pór sobre a pista dun delito sexual.



Reducir a "vitimización secundaria" no proceso

O protocolo, concibido para aplicarse cada vez que se produza unha denuncia por delito sexual na área xudical compostelá, busca mellorar a investigación pero tamén minguar a "vitimización secundaria", que se deriva da propio proceso investigador.


"Tenta reducir ao mínimo as declaracións no periplo policial-xudicial, mesmo eliminar a denuncia en comisaría, para que a vítima só teña que facer no xulgado o relato intenso, e", exemplifica a maxistrada López-Suevos, que menciona outros aspectos que o protocolo incorpora, como o acompañamento psicolóxico. ?Porque as vítimas están tendo que ir soas a denunciar e a declarar?, observa.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0