Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un helicóptero rescata a un home tras caer nunha zona de difícil acceso en Panxón
Un home que caeu esta mañá nunha zona de difícil acceso en Panxón, foi
rescatado a bordo do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia tras
precipitarse nas rocas, nunha zona de difícil acceso en Panxón, no termo municipal
de Nigrán.Segundo a información facilitada ao servizo 112 Galicia polos equipos de
intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o home foi evacuado ao Hospital
Álvaro Cunqueiro. Todo ocorreu preto das 13.00 horas, cando o 112 Galicia tivo
coñecemento do suceso a través da chamada de alerta dun familiar que lle
acompañaba. De acordo co seu relato, a irregularidade do terreo dificultaba o
acceso ao ferido. De inmediato, desde o 112 activouse un operativo que, ademais
dos membros de Gardacostas de Galicia, tamén contou coa participación dos
profesionais sanitarios, dos membros de Salvamento Marítimo, do GES de Val
Miñor e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, pasouse aviso aos
efectivos de Protección Civil da localidade.


Alba Millán Borrajo
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0