Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijoo: «Pechar a fábrica de aluminio de Alcoa sería un disparate industrial para España sen precedentes»

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, reuniuse esta mañá co comité de empresa
de Alcoa San Cibrao. Explicou que o encontro foi a pedimento do comité e reiterou o seu
compromiso persoal con buscar unha solución que evite o peche de Alcoa. «Levamos ano e medio
dicindo que a multinacional amerciana iríase de Alcoa e propoñería o peche se non había unha
tarifa eléctrica que fose compatible para a produción de aluminio. Durante un ano e medio
estivemos sós nesta formulación. Por fin, desde as eleccións autonómicas de xullo, o goberno
central púxose a traballar coa Xunta e a Xunta co Goberno central para buscar alternativas e niso
estamos neste momento».
«A 45 euros o megawatt non se pode producir unha tonelada de aluminio; non é posible, é perda
constante para calquera empresa que o explote. Por tanto, habemos de baixar o prezo da enerxía
para facelo compatible coa produción de aluminio primario. Iso enténdeo todo o mundo. Nós non
contemplamos ningunha posibilidade que non sexa o mantemento dos postos de traballo e da
única fábrica de alumino privada que existe en España. Nestes momentos temos unha relación
fluída co goberno; a nosa relación co comité de empresa é de compromiso incuestionable, que
imos seguir mantendo, e non estamos en absoluto de acordo coa actitude de Alcoa, que decidiu
abandonar España, cando non ten ningún dereito para abandonar ás familias por unha decisión
empresarial. Se Alcoa ten claro que non quere operar nesa factoría, o que ten que facer é vendela,
transferila a outra que si quere operar. E niso estamos; en convencer a Alcoa de que o faga, que
transmita esa factoría que adquiriu no sector público, que é estratéxica para España,a única que
produce alumino primario. Por conseguinte, Alcoa ten unha obrigación moral, ética e, diría máis,
mercantil e empresarial de facilitar a venda da factoría a outro operador que a manteña aberta e
manteña os postos de traballo. E niso estamos centrados. Dixémosllo a Alcoa, ao Goberno central,
sábeo o comité de empresa e o comité de empresa non ten ningún aliado máis incondicional que a
Xunta de Galicia», engadiu o presidente Núñez Feijoo.
Sobre a estratexia para seguir, comentou: «Estamos nunha situación crítica, pero eu non perdo a
esperanza de atopar unha solución para que Alcoa desbloquee a venda ao operador que confirmou
o seu interese por activar a factoría e que o Goberno, esta vez si, cumpra con este novo operador e
facilítelle unha nova tarifa que faga posible a produción de alumino primario en Alcoa mentres non
se habiliten novas fórmulas de produción de enerxía renovable de autoconsumo para a propia
factoría».«É unha situación complexa, na que estamos a traballar xuntos e mantemos a esperanza
en que sen dúbida Alcoa non se peche. Se pechamos esta fábrica sería un disparate industrial para
España sen precedentes. Teriamos que importar todos e cada un dos quilos de alumino que
consumimos. Non ten ningún sentido pensar que podemos prescindir da factoría de alumino da
Mariña lucense», concluíu.


Pedro Fernández Fernández
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-10-2020 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0