Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pedro Cavadas: "Houbo alguén controlando a pandemia? Primeira noticia que teño"

Actualidade O cirurxián plástico analiza a situación actual, onde prevé que "isto non vai acabar ben"


O doutor Pedro Cavadas deixou de estar en silencio, volvendo dar a súa opinión acerca da situación pandémica que está a vivir o país. O cirurxián é coñecido polos seus éxitos en transplantes e reconstrucións, onde ademais estivo antes no foco dos medios, destacando as súas palabras a finais de xaneiro, onde afirmou estar convencido que China non fornecía a totalidade dos datos do coronavirus, advertindo ademais do perigo da enfermidade que actualmente arrasa Europa: "é un virus que se contaxia facilmente e que é moi agresivo".Así pois, nunha entrevista concedida este domingo a 'O HuffPost', mostrouse duro coa actual formulación por parte do Goberno na toma de medidas, destacando que a xestión da epidemia non foi levada a cabo por "expertos reais".


Estas palabras seguen a tendencia do cirurxián plástico das últimas semanas, onde se mostrou especialmente crítico coa actuación do Goberno español, destacando a súa táctica de comunicación en temática relacionada co descubrimento da vacina contra o Covid-19.O principal destinatario das súas últimas declaracións teñen un claro obxectivo: Fernando Simón. Cavadas foi preguntado acerca de como valoraba o traballo de Simón, ao que el contesto alto e claro: "Houbo alguén controlándoa? Primeira noticia que teño diso".Con respecto á chegada da vacina, Pedro Sánchez declarou que esperaba "non unha, senón dúas" para decembro, ao que o doutor contestou que "ve clarísimo" que non haberá vacúas para todo o mundo ao mesmo tempo, deixando unha mensaxe a Sánchez: "Falar o gratis".


Luis Manuel Fernández Carrasco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2020 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0