Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En Marea disolverase como formación política

O plenario da formación política En Marea decidiu este sábado, 26 de setembro, disolver a organización. Con todo, a desaparición ?non será inmediata?, sinalan fontes de En Marea a Nós Diario.


Será pois unha disolución ordenada e seguirase polo do momento ?cunha estrutura mínima para dar soporte ás mareas municipais?.


En Marea creouse como formación política en 2016 para agrupar as forzas da esfera da esquerda rupturista que tempo despois desentendéronse desta marca que nas eleccións galegas, baixo a fórmula de Marea Galeguista, ficou en 0,22% do voto.


O plenario desenvolveuse este sábado no Hotel Congreso de Teo e sobre a mesa había a idea de ben, seguir avante co proxecto ou ben pór o punto final. Nas eleccións galegas de hai catro anos, co maxistrado Luís Villares á fronte, En Marea obtivo case 275.000 votos que a colocaron, con 14 deputados, á fronte da oposición ao PP de Alberto Núñez Feixoo no Parlamento.


Con todo, as diferenzas entre as distintas formacións e correntes que convivían no proxecto de confluencia empezaron a notarse ao pouco de arrincar unha lexislatura que resultou convulsa polas tensións internas.

A división interna e o continuo cruzamento de declaracións marcaron a traxectoria dae En Marea, que terminou por escenificar a súa división a comezos de 2019, cando Podemos, Esquerda Unida e Anova (promotores do proxecto rupturista) romperon co sector de Villares, que mantivo as siglas a nivel orgánico pero que, ao estar en minoría no seo do grupo parlamentario, acabou integrando o grupo mixto.


Iago Fuentes Aller
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2020 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0