Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Algo extraño está a suceder en Venus
Despois da Luna, Venus é o obxecto máis brillante do ceo nocturno. O planeta é tan
radiante debido á súa proximidade á Terra, pero tamén porque reflicte a maior parte da luz
que pasa a través da súa atmosfera, máis que calquera outro planeta do sistema solar. Pero
nesas nubes está a suceder algo realmente estraño.


O pasado 14 de setembro científicos revelaron que detectaron rastros dun gas na atmosfera
de Venus que, segundo o que se coñece sobre Venus, non debería estar alí. Os
investigadores consideraron moitas explicacións acerca de que podería estar a producir o
gas, coñecido como fosfina, e decidíronse por unha explicación guiada polo que saben
sobre o noso propio planeta. Na Terra, a fosfina, un gas tóxico, é producida por
microorganismos. «Por tolo que pareza, a nosa explicación máis plausible é a vida»,
afirmou Clara Sousa-Silva, astrofísica molecular do MIT e unha das autoras do novo
estudo.


O descubrimento de moléculas de fosfina na atmosfera de Venus non significa que os
científicos atopasen probas de vida extraterrestre.


Alba Millán Borrajo
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2020 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0