Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Podemos relanza a súa ofensiva contra a Coroa

No acto da apertura oficial da XIV lexislatura, en febreiro deste ano no Congreso, os xa
ministros de Unidas Podemos responderon, en pé e con aplausos, ao discurso
pronunciado polo rei. Os deputados de base permaneceron sentados nos seus
escanos. A imaxe sorprendeu, porque, nunca o ocultaron, no seu ADN defenden a
república como modelo de Estado. Por respecto institucional, escusáronse entón.
Alberto Garzón, o primeiro. Foi flor dun día. Pablo Iglesias, desde o Consello de
Ministros e como líder da formación violeta, non cesou no seu empeño de abrir o
debate entre monarquía e república. Aproveita cada intervención en medios de
comunicación e emprega as redes sociais para ir abonando o terreo. A marcha de
España do rei emérito, empuxado polas noticias sobre os seus dubidosos negocios, fixo
o resto. Agora, o veto do Goberno a que Felipe VI participase, como cada ano desde
que accedeu ao trono en 2014, no acto de entrega de despachos aos novos xuíces en
Barcelona, é aproveitado por Unidas Podemos para relanzar a súa ofensiva contra a
Coroa. A falta de explicacións por parte do Executivo sobre que lle levaba a impedir
que o rei presidise o acto deste venres -suponse que foi por seguridade, #ante a
inminente sentenza de inhabilitación de Quim Torra-, e o silencio habitual de Zarzuela
en todo asunto polémico, comezou a xerar un caldo de cultivo que terminou con
chamadas cruzadas, tuits de Iglesias e Garzón acusando o xefe do Estado de falta de
imparcialidade e aclaracións de Casa Real. En Unidas Podemos fréganse as mans.
Felipe VI volve estar no seu punto de mira de forma inesperada.


Pedro Fernández Fernández
2º BACH A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2020 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E ben q#blgtk08#ue fan.
Comentario por (02-10-2020 19:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0