Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rosalía, sempre presente

Chegou á Casa da Matanza o exemplar Certame de poesía Rosalía de Castro
(1997-2018) que edita a Asociación Cultural Galega de Cornellà que escolleu o
nome da nosa escritora como emblema para si e para o premio literario que
vén convocando desde hai máis de trinta anos. A de Cornellà é unha
comunidade galega que mantén unha lealdade extraordinaria á causa da
cultura galega e un áxil e vigoroso dinamismo para levala á práctica a través de
diferentes iniciativas, algunhas delas en coordinación con outras asociacións
galegas de Barcelona e Catalunya, onde se enxertan.  O nome que a
Asociación escolleu para si non era un capricho ou unha casualidade. Rosalía,
como emblema nacional escollido, como muller, como escritora, representaba
moi axeitadamente a orientación e o perfil do grupo, unha Asociación Cultural
que se di Galega e que forma parte desa Catalunya plural e aberta desde un
Cornellà de emigrantes.


Carmen Cabrera Dorrío
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-09-2020 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0