Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fundación Luis Seoane inaugura o domingo a exposición 'Escóitasme?'

A Fundación Luís Seoane inaugura mañá a mostra Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane, que reúne as experiencias levadas a cabo dentro do programa didáctico Laboratorio Escóitasme? da propia fundación. Tratouse dun proxecto online dirixido ao público infantil e ás súas familias que tivo lugar durante o período de confinamento, no que máis de 20 creadoras propuxeron ao longo de 10 semanas un reto relacionado co seu traballo e co universo creativo de Seoane ás persoas participantes. A inauguración será o domingo ás 12 horas, e contará coa actuación, a partir das 13 horas, de Álvaro Dorda e Pablo Rega. Poderá verse até o vindeiro 21 de marzo de 2021.
Ademais dunha selección de reproducións da obra de Seoane, recóllense os retos e os traballos que se elaboraron a partir destes, xunto cun xornal coas noticias que apareceron nos medios de comunicación durante o tempo de confinamento, e un skyline cos "palabros" -termos ideados polos participantes durante a corentena- que conectan as diferentes seccións da mostra.
Pola súa banda, a Fundación María José Jove colaborará con esta iniciativa incluíndo na súa nova programación de visitas didácticas un percorrido especial sobre a obra de Seoane, que permitirá coñecer tres pezas orixinais do artista pertencentes á súa colección. A visita estará formulada para comezala nunha das fundacións e continuala na outra.


Ricardo Tornero Belloso 2ºBACH A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-09-2020 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0