Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sanidade amplía as restricións para frear o covid en Ourense a todo o barrio de O Couto
A cidade verá ampliada a súa área con especiais restricións, contará con medidas especiais o ámbito territorial delimitado polas seguintes rúas:
-Progreso
-Irmáns Xesta
-Avenida de Portugal
-Camiño Lobisome
-Salto do Can
-Carballo
-Sobreira
-Nacional 525
-Avenida Ribeira Sacra
Todas elas, engádense ás de Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal, que xa tiñan entre as limitacións establecidas, as seguintes:
-As reunións privadas só poderán ser ata un máximo de cinco persoas. No resto da cidade é de 10.
-Os bares e cafeterías non poderán atender no interior dos locais. Nas terrazas, ao 75 % de capacidade, só poderán haber grupos de cinco persoas
-Os restaurantes poderán servir no interior, cun máximo de cinco persoas por mesa.
-Tampouco poderán superar as cinco persoas en academias, autoescolas e outras institucións de ensino non regrado, así como zonas comúns de hoteis e aloxamentos, actividades culturais en bibliotecas, arquivos museos, salas de exposición e actividades deportivas.
-En canto a eventos deportivos con público, cinemas, teatros, auditorios, circos de toldo e similares, ademais de congresos e conferencias, o aforo deberá ser como máximo do 50 por cento, pero cun límite de 30 persoas para lugares pechados e de 75 ao aire libre.
-No caso de actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, desenvolveranse en grupos de ata cinco participantes --incluíndo os monitores-- que non manterán contacto entre si. Con todo, os espazos cumprirán a restrición xeral do 50 por cento do aforo e o máximo de 50 persoas ao aire libre e de 25 en espazos pechados.
A decisión tomouse logo da reunión do comité clínico de expertos sanitarios.
Martín Lage Fernández
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-09-2020 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0