Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O maxistrado galego José Antonio Ballestero, vogal do CGPJ, que gritou «Viva o rei!»

Cando o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, finalizou o seu discurso, e antes de que pechase o acto oficial, un dos presentes no auditorio levantouse do seu asento e dirixiuse aos asistentes para pedir que coreasen vivas ao rei. A persoa que tomou a palabra é José Antonio Ballestero, un dos vogais galegos do Consello Xeral do Poder Xudicial, ao que se incorporou no 2018 substituíndo ao hoxe ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska. Ballestero sorprendeu a todos ao levantarse do seu asento e pedir un momento de atención aos presentes. E inmediatamente despois, dixo: «Antes de que finalice o acto, pídovos que con toda moderación, pero tamén con toda convicción, gritedes comigo Viva o rei!».
Ballestero ingresou por oposición na carreira xudicial en 1984. O seu primeiro destino como xuíz foi en Plasencia, para pasar despois por Noia, Huelva e Ferrol. Logo foi destinado á Audiencia Provincial de Cáceres e á da Coruña. No 2004 pasou a exercer de maxistrado na Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Bruno Antonio Ortiz López
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-09-2020 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0