Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GEORGE FLOYD
As protestas e disturbios raciais volveron nas últimas horas a ocupar as rúas de distintas
cidades de Estados Unidos, con Mineápolis ( Minesota) -onde o pasado luns George Floyd,
un home negro faleceu asfixiado a mans de policías tras ser detido- como epicentro. Pero
máis aló do nome de George Floyd en cada cidade teñen os seus propios mártires, como
Breonna Taylor, a nova enfermeira de cor que loitaba contra o coronavirus en Lousville e
que foi tiroteada na súa casa o pasado 13 de marzo pola policía da cidade que, como
recolle The Washington Post, segundo as autoridades estaban a practicar un arresto por
drogas.


O problema é que moitos empezan a preguntarse sobre o efecto que a violencia poida ter. A
alcaldesa de Atlanta (Xeorxia), Keisha Lance Bottoms, unha ex xuíza afroamericana que,
segundo algúns ten moitos puntos para optar á vicepresidencia polo partido demócrata con
Joe Biden, chamou á calma suplicando aos manifestantes que aparcasen a violencia. Fíxoo
durante unha rolda de prensa recollida pola CNN na que estivo rodeada por activistas dos
dereitos civís, varios cantantes de hip- hop ou o reverendo Bernice King: «O que vexo nas
rúas de Atlanta non é Atlanta. Isto non é unha protesta. Isto non está no espírito de Martin
Luther King, J. R.»


Segundo as últimas informacións, polo menos unha persoa morreu e outras dúas resultaron
feridas por un tiroteo orixinado durante as manifestacións en Indianápolis (Indiana). O
incidente sobreveu preto do foco das manifestacións, Monument Circle, segundo informou
o xefe da policía da cidade, Randal Taylor, en rolda de prensa.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-05-2020 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0