En 2013, Berta Dávila facíase co Premio Narrativa Breve Repsol con O derradeiro libro
de Emma Olsen, obra que remeda unha tradución ao galego do último escrito no que
esta relembra a súa adolescencia. Agora, Emma Olsen volve ás librarías, mais esta vez
ilustrada na novela gráfica que asina Pablo Prado sobre o texto homónimo de Dávila,
que tamén foi recoñecido pola Asociación Galega de Editoras como mellor libro de
ficción en 2014.
A obra chegoulle a Prado a través de Kiko da Silva, cando andaba na procura dunha
historia para o seu proxecto final na escola na que imparte aulas o debuxante, O
Garaxe Hermético. O autor explica que axiña se sentiu fondamente "identificado coas
sensacións de represión emocional da protagonista", Emma Olsen, para alén da súa
impotencia "para contar algo e non dar, que Berta explota ao longo do libro". A propia
Dávila recibiu a proposta como "un agasallo" de Prado e de Galaxia, pois considera
especialmente fermoso deixar entrar alguén no seu universo creativo. E aínda que
"sempre se corre o risco de que o resultado non te represente", ela entendeu que lle
abría a porta ao ilustrador e que precisamente na súa ollada sobre o texto é onde
reside a "beleza" da adaptación.
Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A |