Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DEPORTE E TECNOLOXÍA
Houbo un tempo no que non necesitabamos máis nada que o noso corpo para adestrarnos e realizar deporte. Pero hoxe en día todas as disciplinas incorporan, en maior ou menor medida, avances tecnolóxicos.
nos equipamentos a nanotecnoloxía cambiou moitas cousas como as raquetas de tenis fabricadas con nanomateriales , que cambian a resistencia e rixidez da raqueta, os traxes de natación que repelen a auga son como unha segunda pel diminuíndo o rozamento coa auga, as pelotas de golf que case non se moven durante o pase, as táboas de surf máis lixeiras , os tecidos con efecto antibacteriano e anti-fungos ou os cascos e proteccións de fibra de carbono máis lixeiros pero tamén máis seguros.
Na arbitraxe conseguiuse que a saída nas carreiras precísase mediante tacos de saída en atletismo e natación (tes sensores de movemento que detectan saídas nulas), no tenis co ollo de falcón evítanse resultado sexa ao azar, O VAR nos partidos de fútbol resolve xogadas dubidosas.
Na seguridade tamén ten un papel importante pois aumenta a protección e a integridade física do deportista , mesmo existen zapatillas intelixentes que din canto te cansas a través dunha aplicación telefono móbil para evitar arritmias , mareos... ; o thermohuman rexistra as radiacións infravermellas emitidas pola superficie do noso corpo e cando hai asimetrías térmicas indican a existencia de sobrecargas ou risco de lesión; os wearables que van desde os petos intelixentes que xa usan os equipos de fútbol ata os reloxos deportivos de triatletas, atletas ou nadadores ou pulseiras que proporcionan información en tempo real das constantes vitais; os pulsímetros especiais que controlan as pulsacións do corazón e permiten manter o ritmo cardíaco dentro dos valores recomendados ou os dispositivos de análise de gases expirados para analizar o osíxeno en sangue
Nos adestramentos son un mecanismo para mellorar resultados: o Big Data analiza os diferentes tipos de datos que serven para medir e potenciar o rendemento dos deportistas (analizan a cantidade de toques ao balón, o estado da superficie do céspede, a distancia percorrida por cada membro do equipo ou a velocidade dos adversarios...); as cámaras hiperbáricas son habitacións con condicións iguais ás que teríamos a 2000 m de altitude para axuda a aumentar a cantidade de osíxeno en sangue e mellorar a capacidade respiratoria do deportista.
E por último outro papel importante é na recuperación de lesións e para a superación de discapacidades: a electroestimulación para mellorar o ton muscular despois dunha lesión; a nanotecnoloxía , a biotecnoloxía, a enxeñería e a cirurxía avanzaron tanto no mundo do deporte que lesións que antes eran o fin da carreira deportiva de atleta e permitiron que multitude de persoas poidan practicar deporte despois de diferentes lesións e accidentes; os novos deseños, as novas próteses e os implantes biónicos permitiron que aumente a lista de deportistas de elite con discapacidades e que os Xogos Olímpicos Ciborg sexan unha realidade.
Por todas estas razóns a tecnoloxía e deporte van da man, axudando a mellorar e superar moitos obstáculos que antes eran impensable salvalos.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-05-2020 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0