Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Cambridge superou a peste negra, así que sairemos desta tamén»
MARTA VÁZQUEZ
OURENSE / A VOZ 25/05/2020 05:00 H

Ourense, Tenerife, Alacante e logo Cambridge. O periplo vital de Carlos González Fernández levouno a percorrer miles de quilómetros para poder cumprir o soño de traballar como astrónomo nunha das universidades máis prestixiosas do mundo. Formado en Física no campus de Ourense, un grao que hoxe xa non existe, este brillante investigador atopou o seu lugar nunha institución académica fundada no século XIII, na que traballa nun grupo dedicado ao procesado de datos para grandes telescopios. «Axudamos a outros astrónomos a interpretar grandes cantidades de datos para que poidan facer a ciencia que lles interesa» conta desde esta cidade inglesa de 90.000 habitantes, cuxo día a día se viu afectado por unha pandemia da que non se librou case ninguén.
A pesar de todo, asegura que alí a situación non é mala. «É unha cidade pequena cunha renda media moi alta, co que os servizos son bos. Moita xente usa a bici en lugar do transporte público e a unha gran parte dos traballadores resúltalles fácil facer o seu labor desde casa, co que o illamento é razoablemente efectivo» asegura. Explica ademais que moitos expertos de referencia mundial en enfermidades víricas traballan na universidade, e dúas das maiores farmacéuticas de Europa GSK e AstraZeneca, teñen a súa sede nesa cidade «así que parte da investigación en novas técnicas de detección e medicamentos para o covid-19 faise aquí». No que a el respecta, o seu día a día non se viu demasiado alterado. «Máis aló de ter que estar en casa, non me afectou demasiado», recoñece, esperanzado sobre o futuro: «A Universidade de Cambridge sobreviviu á peste negra, así que sairemos desta tamén», asegura.

Iso si, na súa opinión a xestión do goberno «foi bastante pouco clara desde o principio e tardaron bastante en reaccionar. As nacións do estado han ir bastante ao seu aire, e aínda que nós estamos en Inglaterra, a universidade ten os seus propios criterios e manterá o illamento ata máis tarde, independentemente da normativa estatal».E non pensa en regresar. «O meu contrato dura ata 2023, así que non teño necesidade de moverme. En España os traballos en ciencia non abundan, en particular fose do mundo universitario, aínda que quen sabe si coa que está a caer recapacitaremos», advirte.

Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-05-2020 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0