Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense chega á fase 2 coa curva en descenso, pero con unha nova vítima mortal
Ás portas de que toda a provincia de Ourense entre na fase 2 da desescalada, a curva de casos activos por coronavirus mantén a liña descendente na que leva instalada nas últimas semanas.Tamén o fará cun falecido máis, tendo en conta que o Sergas informou da morte por coronavirus dun home de 86 anos no CHUO. Tiña patoloxías previas.Segundo os datos facilitados este domingo polo Sergas, e que ofrecen unha visión fixa da situación na provincia na xornada do sábado, hai un total de 124 casos activos na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Son tres menos que no día anterior. Na xornada do sábado apenas houbo variacións nas cifras. 108 ourensáns permanecen a seguimento hospitalario, mentres que os ingresados mantéñense en 15 persoas en planta e unha na uci. Son as mesmas cifras globais que o día anterior, pero hai un cambio, xa que o hospital de Valdeorras rexistrou unha alta que se compensa cun novo ingreso no CHUO. Así, o hospital da área de Ourense ten 12 persoas en planta, hai dúas en Valdeorras e unha en Verín. Estes datos do sábado non contabilizan ao falecido do que se informou a última hora do domingo.
O total de casos rexistrados sitúase en 1.988, o que supón que nas últimas 24 horas houbo cinco novos contaxios. Hai 1.734 curados e 131 falecidos desde o inicio da pandemia. Realizáronse un total de 19.469 PCR
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 25-05-2020 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0