Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O veto a Amigos de Galicia esténdese a todo tipo de alimentos
As explicacións que o director xeral de Amigos de Galicia ofreceu o luns acerca da prohibición taxativa que a Consellería de Sanidade prescribiu sobre as súas actividades non acaban de aclarar todas as físgoas abertas pola investigación que dirixe a Fiscalía da Coruña. Ao longo da súa intervención, Jesús Busto insistiu en que o veto de Sanidade afecta á manipulación de alimentos frescos con destino a familias en risco de exclusión social. Con todo, as conclusións das inspeccións levadas a cabo o venres por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, tanto en Vilagarcía de Arousa como en Ourense, non se esgotan nos produtos perecedoiros. Por contra, estenden esa prohibición ao traballo con todo tipo de alimentos e produtos alimenticios.
Esta é a orde que recibiron os responsables da oenegué, que polo tanto non poderán distribuír lotes de comida de ningunha clase entre os seus usuarios. Amigos de Galicia recoñeceu, desde o primeiro momento, que as súas instalacións de almacenamento na capital arousá estaban lonxe de reunir as condicións hixiénicas imprescindibles para garantir a correcta conservación dos alimentos. Algo que a investigación non só confirma, senón tamén amplifica.


Paula Vázquez nº19 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-02-2020 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0