Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG denuncia a Feijoo á Junta Electoral por usar a web da Xunta para facer propaganda do PP

O BNG presentou senllas denuncias ante a Xunta Electoral contra o Goberno da Xunta e o presidente, Alberto Núñez Feijoo, por usar a web institucional da Xunta para facer propaganda en beneficio do PP. Os nacionalistas din que «non só se está a utilizar a canle oficial para pregoar supostos logros do PP, senón que mesmo se usa a páxina web do Executivo galego para difundir unha campaña institucional que copia o lema electoral Galicia é moito co que se está promocionando ao candidato Feixóo».


Isto supón, explica o Bloque, un «flagrante incumprimento do artigo 50.2 da Loreg», que prohibe calquera cato organizado ou financiado polos poderes públicos que «conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que se utilicen imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas que concorren ás eleccións». E o BNG cre que tanto na web da Xunta como nos valos «difúndense mensaxes similares e mesmo idénticas ás usadas polo propio PP nas sua campaña electoral».


Iago Fuentes Aller
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2020 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0