Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A AELG proclama a Rosalía errante contra o odio e o medo
"Os dous, da terra lonxe / andamos e sufrimos, ¡ai de min! / Mais ti tan sóio te
recordas dela, / i eu, dela e mais de ti. // Ambos errantes polo mundo andamos
/ i as forzas acabando van. / Mais, ¡ai!, ti nela atoparás descanso, / i eu tan sóio
na morte o hei de atopar", escribe Rosalía de Castro no poema Tan só, case na
fin do impresionante Follas Novas (1880). Deste poema extraeu Daniel Asorey a
idea e a inspiración para redactar o Manifesto da Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega (AELG) no Día de Rosalía de Castro 2020. Ao longo
desta fin de semana, o texto lerase en innúmeros actos de conmemoración do
183 aniversario do nacemento da poeta.
"Eu sempre escribo das mesmas cousas, e obsesióname a idea da necesidade do
ser humano de marchar", explica Asorey a Nós Diario, "e neste contexto de
persecución dos migrantes, de xenofobia e coa irrupción moi forte da
ultradereita, pensei que había que escribir contra ese bulldózer do odio e do
medo". O discurso comeza co verso "ambos errantes no mundo andamos" -
escollido como palabra de orde para a programación da AELG na efeméride- e
afirma: "Logo, a muller aquela, desafiando leis masculinas, sentenciou: Toda a
terra é dos homes e das mulleres. Toda a terra".
"Aproveito que Rosalía de Castro é marabillosa e serve para case todo", sinala
Asorey, "e así falar contra o medo que espalla a ultradereita e de que cada un
debe escoller a súa identidade". Esta última cuestión está directamente
relacionada co seu primeiro libro de poemas, Transmatria (Xerais, 2019, premio
Johán Carballeira o ano anterior).


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2020 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0