Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abanca lánzase a por o 93 % de Nova Pescanova, que recuperaría a galeguidade

Pagaría uns 200 millóns polo 52 % das accións á venda de Sabadell, Caixabank, Bank of América e Brookfield


En Pescanova nunca se deixou de falar galego. Nin sequera cando no ano 2015 os grandes acredores financeiros refundaron a compañía, e converteron débeda en accións dunha empresa á que chamaron Nova Pescanova. Daquel pool de bancos (Sabadell, Caixabank, Abanca, BBVA, Santander, Bankia e UBI) xa só quedan no accionariado Sabadell, Caixabank e Abanca e só un deles, a entidade que preside Juan Carlos Escotet, con intención de permanencia e cunha aposta forte por ir avanzando posicións no capital do maior grupo pesqueiro de España. Nos dous últimos anos, Abanca fixo uso do seu dereito de adquisición preferente de accións para reforzar a súa posición inicial (5,4 %) ata o 40,66 % mediante sucesivas compras de pequenas participacións.A operación que a entidade ten agora entre mans é moito máis ambiciosa. Tanto que, de consolidarse, suporá a compra de facto de Nova Pescanova.O que Abanca puxo sobre a mesa é unha oferta de compra por un 52 % de accións colocadas no mercado por Sabadell (o 24,5 %), Caixabank (15,3 %), Bank of America (9 %) e o fondo de investimento Brookfield (4 %).


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-02-2020 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0