Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"Arzúa é un referente na programación cultural"
Se por algo é coñecida popularmente Arzúa é polo seu queixo e a festa que lle adica. Un evento que se celebra en marzo, este ano o 28 de febreiro e 1 de marzo, pero que comezan a preparar xa na primavera. Con moita antelación, explica o alcalde arzuán José Luis García, "empezamos a dilucidar quen será o pregoeiro, cales serán as actuacións musicais e o arranque oficial coa elección do cartel". Próximamente, explica o rexidor, "imos reunirnos co xurado para escollelo e os concertos están case listos". Con todo, di, "aínda quedan por saber os pratos fortes". De momento están confirmados Baiuca, Luar na Lubre e Ladilla Rusa.

Fóra do ámbito máis festivo e gastronómico, "un dos pratos fortes durante esta lexislatura será intentar que hostelería (albergues, casas rurais) cheguen a acordos para que todo funcione mellor e haxa unha oferta máis coidada e de mellor calidade", apunta o rexedor. Este, engadiu, é un sector complicado moitas veces, "pero imos intentar chegar a acordos con todos para dar un servizo de mellor calidade ao peregrino". Ademais grazas a autovía, puntualiza, "Arzúa está agora a un paso de Santiago e por iso queremos promocionar máis este ámbito na comarca".

Un dos eidos dos que José Luis García se sente máis orgulloso é do cultural: "somos, creo, un referente para todos os concellos da comarca no que se refire a programación cultural". Unha das principais accións "dos distintos gobernos que me tocou presidir foi o fincapé neste eido", asegura. Non obstante, sinala, "foi complicado, sobre todo na primeira e segunda lexislatura pola crise económica, pero conseguimos triplicar prácticamente o presuposto adicado a cultura". José Luis García recoñece que aínda que agora as propostas son recibidas con ánimo pola veciñanza, o principio custou introducilas, sobre todo nas parroquias. "Houbo actividades que tivemos que descartar e fomos quedando coas que gustaban e mellor resposta tiñan. Agora temos unha oferta cultural moi boa e moi ampla", argumenta.

Outra das medidas que tomarán nesta lexislatura estará centrada nos alquileres. "Está na nosa idea facer algunha ordenanza que regule ese tipo de pisos porque a realidade é que ultimamente hai moita oferta de pisos turísticos". E no tocante á programación de Nadal destaca especialmente a posta en marcha por primeira vez dunha pista de patinaxe "o que supón para Arzúa unha inversión importante". Haberá tamén obradoiros dirixidos aos nenos nos que traballarán o medio ambiente.
Iván Abad
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2019 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0