Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Metano para a dor de cabeza, a alternativa galega para transformar o gas contaminante en produtos con alto valor engadido
Martín Fañanás, do CIQUS, acometerá un proxecto para utilizar o gas na produción de fármacos, unha proposta financiada con dous millóns de euros polo Consello Europeo de Investigación dentro do selecivo programa Consolidator Grant.


-Doutor, dóeme a cabeza.-Pois tome unha dose de metano.

Este diálogo agora mesmo, é absolutamente irreal, pero no futuro podería deixar de selo. Que o CH4, o principal compoñente do gas natural, pode converterse no ingrediente básico do ibuprofeno e nun soporte importante para mellorar a eficacia e as propiedades de multitude de fármacos dependerá do investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago, Martín Fañanás. Fañanás é o segundo científico que traballa en Galicia, en acceder a esta elitista bolsa europea, orientada a investigadores con entre 7 e 12 anos de experiencia despois de ler a súa tese. No leigo da química, na que os distintos compostos actúan como fichas, do que se trata é de modificar químicamente o metano para poder utilizalo como reactivo con outras moléculas.

« Un que nos permita activar unha ligazón, en facerlle como unha especie de marca para que encaixe con outra molécula, e outro que faría a función de pegado. » O metano é un hidrocarburo formado por un átomo de carbono e por catro de hidróxenos unidos por unha ligazón covalente. Do que se trata é de modificar un átomo de carbono para transformalo en CH3, un grupo metilo que está presente en moitos compostos farmacolóxicos de alto valor engadido. De feito é unha parte moi importante do ibuprofeno.

Así pois, se o proxecto ten éxito, este gas modificado podería utilizarse no futuro para a dor de cabeza. «O que queremos -apunta Fañanás- é que coa tecnoloxía que desenvolvamos póidase transformar en moi poucos pasos en ibuprofeno ou noutros compostos farmacéuticos, o que tería un gran impacto para a sociedade e para a industria. » «O metano -engade- é unha das materias primas máis abundantes do planeta, pero se se queima para producir enerxía produce emisións de efecto invernadoiro, polo que o que nós queremos é buscar algo que sexa útil para a sociedade».

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2019 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0