Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chove sobre mollado
E xa estou comezando a estar un pouco farta de tanta auga, queridos amigXs.
Que si, que sabemos que a auga é necesaria, e da choiva máis, por todo aquelo do osíxeno... pero xa abonda.
Así que, como anuncia esta expresión, cando se di que chove sobre mollado significa que non se achega nada novo, que todo segue igual, que se segue dando voltas sobre o mesmo tema, xa que se chove sobre mollado, a choiva xa non é tan efectiva, porque o chan xa reborda e botarlle máis, xa non ten efecto. Non é ningunha novidade.
A necesaria choiva está a empezar a ser un gran problema, o que me leva a reflexionar que todo en exceso é daniño. A terra, afogada por tanta auga, négase a absorber unha pinga máis. Ultimamente a choiva é un tema do que todos falamos. Facéndonos un pouco meteorólogos de pacotilla, damos o noso acertado ou desacertado prognóstico do tempo. Miramos cara arriba, vemos o encapotado ceo gris e botamos a lingua a pacer dando unha pronta valoración do que se aproxima.
Que o do cambio climático é un conto, suxírenos Donald Trump; pois ben, que veña ver as comportas do encoro de Oira... que de seguir chovendo, teranas que abrir e anegar as terras e o que ?pille? por diante, da zona de Quintela. Verás que gracia lle vai facer ás xentes que teñan que abandonar á sorte ás súas pertenzas.
E falando de gracia, a mesma que me fixo a min e a miña nai ter que virnos da aldea onte pola noite porque por un ?airiño?, 90 km por hora. que comparados cos 150 quilómetros por hora das Rías Baixas, pois iso, un ?airiño?, levamos sen subministración eléctrica dende onte ás 14.45horas. Parece unha broma! Seica é unha avaría importante porque afecta a moitos concellos distintos, dende Santa Cruz ata Celanova; pero de nada vale agora esnaquizarse as vestiduras se durante o verán, os concellos non envían as cuadrillas facer limpeza dos montes. Os cables pasan por entre as polas das árbores incluso chegando a apoiarse nelas. É perfectamente comprensible que, á mínima, nos quedemos sen enerxía eléctrica. E claro, aínda que vivamos nunha aldea, temos todas as comodidades dunha cidade e iso pagámolo. Se vivísemos como os de antes, non necesitaríamos mais que un candil e unha cociña de leña pero a modernización temos que pagala e por encima, tampouco nos podemos permitir non facer nada por unha noite. Temos que aproveitar ata o derradeiro minuto.
So espero que pronto restauren a subministración eléctrica porque do contrario, nos quedamos sen Noiteboa. E como di a miña nai, ?xuro que a algún se lle vai atragoar o pavo?.

Pois iso, non lle deamos máis voltas porque non depende de nós. Outros están no tema e esperemos que remate todo satisfactoriamente e poidamos gozar dun merecido descanso e dunhas felices Festas.
Penso que para a semana non temos blog polo que aproveito para desexarvos un venturoso Nadal.
Apertas!


Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2019 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0