Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dúas persoas feridas tras esborrallarse o falso teito dun restaurante de Vigo no medio das ceas de Nadal
Dúas persoas resultaron feridas na noite de onte tras esborrallarse parte do dobre teito do restaurante Central Pork, de Vigo, situado en cálea Vía Norte 40. Por motivos que os bombeiros da cidade aínda descoñecen, varios ferros de escaiola do falso teito do local soltáronse do armazón «de súpeto» precipitándose sobre dúas mesas do restaurante que onte rexistraba unha alta ocupación con ceas de grupo para celebrar o Nadal, segundo informa o servizo municipal de extinción de Incendios. O incidente foi comunicado ás 22:50 horas ao servizo de emerxencias 112 Galicia por un particular que solicitaba asistencia médica para unha persoa que se atopaba mal a causa do golpe recibido polo esborralle do falso teito. Ao restaurante desprazouse unha UVI móbil, mentres os xestores do establecemento daban conta do incidente á Policía Local e Nacional. Unha vez no local as asistencias sanitarias foron alertadas dunha segunda persoa alcanzada polas placas do dobre teito. Ambos os afectados foron diagnosticados no mesmo lugar do accidente como afectados por contusións de carácter leve. O primeiro ferido, un home de 47 anos, foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro un traumatismo cranial, segundo o informe levantado pola Policía Local, mentres que a segunda afectada, unha muller de 41 anos foi evacuada ao PAC de atención médica da rúa Pizarro cunha ferida tamén na cabeza. O restaurante foi desaloxado con rapidez, sendo de novo ocupado polo resto dos comensais unha hora despois tras comprobar os bombeiros que non había risco de que novas pezas do falso teito esborrallásense igualmente.


Alejandro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2019 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0