.jpg) A ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon, lanzou unha nova ameaza a capital británica co impulso dun segundo referendo de independencia, antes de maio de 2021.
Sturgeon aferrouse ao argumento da independencia ?como a única forma de manterse en Europa? e de evitar o posibles danos que o Brexit podería causar no territorio escocés, que votou maioritariamente a favor da permanencia na UE. Nicola confía en poder aproveitar a maioría ?europeísta? no Parlamento escocés para ter unha lista de lei para o novo refendo antes de finais de ano e poder celebrar a nova consulta antes do final da actual lexislatura.
A líder do movemento independentista ten que afrontar notables obstáculos; unha minoría de escoceses que queren un referendo antes de dous anos, o recente impacto da consulta soberanista de 2014, no cal un considerable porcentaxe consideraba oportuno permanecer no Reino Unido.
Aínda que o Parlamento escocés aprobará este ano unha lei para estimular as regras e principios dun novo referendo, faría falta un acordo co Goberno británico, para poder celebrar a consulta. A pesar diso, a ministra principal, considera que este Goberno durará pouco debido que a situación será ?insostible?, se Reino Unido non cambia as tornas na súa política.
Diversos analistas políticos colleron con pinzas a posible fuxida hacia diante da líder independentista e recordaron ocasiones anteriores, cando ameazou cun refendo, antes da consumación do Brexit. Ante este tipo de comentarios, Sturgeon respondeu dicindo que o Brexit adoleceu ?un gran déficit democrático? que o Goberno escocés non escoitara. A ministra utiliza como base de apoio a simbólica votación contra o Brexit, realizada o pasado 5 de marzo, que demostra a existencia dunha maioría de poboación de carácter pro-europeo no Parlamento escocés.
Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº5
|