Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os científicos piden vixiar as fronteiras contra invasores como a avespa mandarina |
|
«Todas as especies poden chegar», di José Carlos Otero González, profesor na Facultade de Bioloxía da USC e autor do libro A vida secreta dos insectos. O mesmo opina o investigador Xesús Feás, que sintetizou feromonas de velutina para intentar achar un cebo específico para controlar a expansión desta avespa: «As especies invasoras chegan e chegan sempre da man do home». Asumido ese principio, é posible que a avespa mandarina, de maior tamaño e máis nociva que a velutina, chegue a Galicia, pero os científicos non ven un risco inmediato de que iso ocorra. «Agora mesmo non vexo un risco inmediato. Esta especie está distribuída en Corea, China , Taiwan, Indonesia, en todas as zonas subtropicales da rexión oriental de Asia. Estamos a vivir nunha época cun comercio global realmente brutal, e calquera ano, máis ou menos inmediato, podería chegar. Eu creo que non é inmediata a chegada desta especie, pero temos que estar atentos tanto a ela como a outros insectos que poidan chegar», explica Otero González.
Aitana Lanzós 2º Bach
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|