 A partir do ano que vén, cando vostede abandone un restaurante en Galicia levarase consigo os alimentos que non coma nun recipiente, sen necesidade de pedilos; situación que incomoda a algúns comensais e que non vai moito tempo era unha práctica excepcional na comunidade.
A Xunta obrigará por lei a estes establecementos á respectiva entrega cando entre en vigor a comezos de 2020 a nova ?Lei de residuos e solos contaminados? cuxo anteproxecto aprobou o Consello.
A entrega de comida que sobra aos comensais dos restaurantes galegos vai un pouco máis alá de normas como a de Baleares, que só obriga aos negocios a envolver eses alimentos para que os seus clientes os leven a casa si estes o solicitan. En Galicia será obrigatorio esa práctica, incluso en celebracións de gran cantidade de viandas como as vodas.
O reciclaxe será tamén un elemento prioritario na nova lei, ata o punto en que se establece que o ano que vén a reutilización deberá alcanzar o 50% de residuos domésticos e comerciais para obter papel, metais, vidro e plásticos. No caso dos envases, o reciclaxe alcanzará o 65% en 2025 e ao 70% cinco anos despois.
Noa Varela Varela
4º ESO B |