Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Iggy Pop e David Guetta, confirmados para O Son do Camiño

A segunda edición do festival Son do Camiño de Santiago de Compostela
xa confirmou os cabezas de cartel. Entre eles estarán o histórico precursor
do punk -conta 72 anos- Iggy Pop ou o picadiscos e produtor de electrónica
comercial David Guetta.

O festival, cuxa primeira edición se celebrou o pasado ano, insiste na súa
fórmula e contrata músicos pop de envergadura internacional, indubidábel
éxito nas radiofórmulas e unha actualmente discreta relevancia artística. É
o caso de Richard Ashcroft -fundador da banda brit pop The Verve-, de
Bloc Party, de Black Eyed Peas ou dos suecos The Hives.
A que si estará no Monte do Gozo entre os días 13 e 15 de xuño no cimo da
súa popularidade é a catalá Rosalía, fenómeno artístico e comercial ao
mesturar aires flamencos e acentos de músicas urbanas. A cota galega
fórmana, polo momento, o rock&roll de orixe sesenteira de Familia
Caamagno, a folktrónica vangardista de Baiuca ou a canción pop de Iván
Ferreiro.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0