Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xiro pop de Budiño

Hai 22 anos que Xosé Manuel Budiño debutou en disco con
aquela peza chave do novo folk galego, Paralaia. Seis discos
despois ensaia un sorprendente e maduro xiro pop no seu novo
traballo, Fulgor, que acaba de colocar na rúa e presentará o
vindeiro 15 de marzo na Sala Capitol de Compostela.
Aquel gaiteiro superdotado é agora cantor acústico e de rexistro
pop. ?Un universo ultramoderno cun pé na raíz e outro no abismo?,
sinala nota promocional, ?o abismo da creatividade, cheo de arraigo
e de fame de risco?.
Para este punto de inflexión da súa carreira, Budiño -natural de
Moaña- decidiu rodearse de amigas e colegas. Para as letras e para
a instrumentación. Aínda que Fulgor se compón de nove cancións
orixinais, compostas e producidas e cantadas polo propio Budiño -e
mais a versión de Bos amores, poema de Rosalía de Castro e
música de Narf-, nos seus sucos aparecen Xoel López (guitarra e
coros en Santiago) ou Jairo Zavala, de Depedro (guitarra na
mexicanizante Frida).


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0