Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

```Morreu o icónico deseñador Karl Lagerfeld`
``


Cos seus anteollos de sol, os seus sacos negros, as súas camisas brancas de pescozo alto, as súas luvas e o seu pelo branco recolleito nunha colita, Karl Lagerfeld era unha das caras máis famosas do mundo da moda. Un verdadeiro icóno pop. O deseñador alemán, que estivo ao mando das creacións da firma francesa Chanel desde hai 35 anos, morreu este martes aos 85 anos de idade, segundo medios franceses.

A fins de xaneiro, o " káiser" da moda estivo inusualmente ausente do desfile de alta costura de Chanel, debido a que sentía "canso", segundo informou entón a firma.
Aínda que el mesmo asegura que non sabe de certo que ano naceu, documentos oficiais citados pola prensa alemá fixan a súa idade en 85 anos. "Nunca pensei na xubilación", dixo en 2015 Lagerfeld.
Nas redes sociais , a súa ausencia daba moito que falar.

Lagerfeld naceu en Hamburgo en 1933, aínda que nunha entrevista asegurou que foi en 1935. Tivo unha infancia feliz pero aburrida nunha zona recóndita do campo alemán durante o nazismo, entre un pai industrial e viaxeiro, e unha nai cunha forte personalidade, gran lectora pero pouco afectuosa que lle inculcou a paixón pola moda. O pequeno Karl pasábase os días no altillo da súa casa e debuxaba vestidos mentres soñaba con París, onde finalmente se instalou en 1952.
Poucos anos despois, o alemán distinguiuse nun concurso organizado polo Secretariado Internacional da La, empatado con Yves Saint Laurent, e comezou a traballar como asistente de Pierre Balmain e logo como director artístico de Jean Patou.
Os anos 1960 vírono como director creativo das firmas Chloé e Fendi. En 1982, converteuse en director artístico de Chanel e logrou resucitar unha firma que se consideraba anticuada, reinventando os clásicos traxes de tweed e os bolsos acolchados.
"Son o primeiro que se fixo un nome cun nome que non era o seu. Debo ter mentalidade de mercenario", dicía.
Adicto ao traballo, o alemán se autodefinía como "unha máquina". Incansable, creaba unhas 10 coleccións anuais para a casa francesa e outras dúas para Fendi, sen contar as da súa propia marca.

A pesar da súa idade, adoitaba facer viaxes ida e volta no día a Roma pola marca Fendi, organizaba sesións de traballo nocturnas en Chanel antes de viaxar a Nova York ao día seguinte. "Nunca miro un reloxo, non me pagan por hora", declarou respecto diso durante un desfile en Hamburgo en 2017.


Lagerfeld, que era tamén debuxante, fotógrafo -realizaba as imaxes dos catálogos de Chanel- e editor, revolucionou o mundo da moda cos seus "desfiles espectáculos", con escenografías impactantes, recontruindo tanto un supermercado, como unha galería de arte, unha rúa ou unha praia baixo dos teitos vidriados do Grand Palais de París, asegurándose así un gran éxito nas redes sociais.
Fóra das pasarelas, Lagerfeld mostrábase moi pouco e pasáballa traballando, encerrado no seu petit hotel da rúa da Universidade. Moi culto, coleccionaba os libros e dise que a súa biblioteca almacena máis de 300.000 volumes. A súa paixón levouno a crear a súa propia editorial, 7 L. Tamén debuxaba caricaturas políticas para o diario alemán Frankfurter Allgemeine Zeitung.


Lagerfeld era tamén coñecido polas súas declaracións polémicas, como en 2012, cando non dubidou en dicir da cantante Adele que era "un pouco demasiado gorda". "Odio aos nenos"; "Os estampados florais son para mulleres gordas de mediana idade" ou "A clase media non ten suficiente clase" foron outras das súas perlas. Con humor, aseguraba que "as súas mellores ideas víñanlle mentres durmía, o que demostra que o inconsciente non é tan parvo".

Susana Velasco
1° Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2019 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0