Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

s escolas unitarias de Redondela buscan alumnos para garantizar a súa continuidade
O colexio de Cesantes carece de nenos de tres anos e o de Ventosela só conta con tres.

A caída da natalidade nos últimos anos está provocando consecuencias negativas nos colexios infantís de Cesantes e Ventosela, dúas pequenas escolas unitarias cuxa continuidade nos próximos cursos dependerá do alumnado que consigan atraer este verán.

Para isto, as direccións de ambos centros organizaron unhas xornadas de portas abertas nas que as familias tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións e metodoloxía educativa.

A falta de nenos supón unha ameaza para a continuidade destes dous centros escolares situados nas parroquias redondeláns que ofrecen un sistema educativo diferente aos colexios convencionais, cunha atención máis personalizada e integradora debido a un menor número de alumnos; ademais dun contacto directo coa natureza ao situarse en contornos naturais.

A Escola Infantil San Pedro de Cesantes é a que ten unha situación máis difícil xa que na actualidade conta con dez alumnos; dous de cinco anos e oito de catro anos e non contan con alumnos de tres anos.


Noa Varela Varela
4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2019 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0