Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MÁIS DE 2.000 PERSOAS ESIXEN NA CORUÑA UNHA SOLUCIÓN PARA ALCOA |
|
 Máis de dous mil persoas manifestáronse este domingo na Coruña contra o peche das plantas que a multinacional do aluminio Alcoa posúe na localidade galega e na asturiana de Avilés e pediron ao Goberno unha solución que evite o despedimento dos traballadores.
A manifestación, que arrincou ao mediodía da praza da Palloza na Coruña e percorreu as rúas da cidade ata a Delegación do Goberno, foi encabezada por unha pancarta portada por nenos que rezaba ?Alcoa déixanos sen futuro? e con cánticos como ?Alcoa non se pecha?, entre fume de bengalas, e coa presenza de representantes políticos do PP, En Marea, PSdeG e BNG, así como do alcalde, Xulio Ferreiro, de Marea Atlántica.
Os traballadores de Alcoa alertaron de que, no caso de que non se atope unha solución, o 15 de xaneiro a multinacional norteamericana fará efectivos os despedimentos anunciados. ?A inquietude é moi grande e é normal que a xente manifeste o seu enfado co que está a pasar?, sinalou ó presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho.
?Sóbrannos motivos para estar enfadados. Hai moito apoio político e moi boas palabras pero ao final non se define unha aposta do Goberno?.
Paloma González González 4ºB
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|