.jpg)
O territorio da cultura vive intres críticos. A transformación
tecnolóxica, a desidia dalgunhas administracións a comezar pola
Xunta, as dificultades para delimitar os seus lindes respecto do
turismo ou, sobre todo, a precariedade laboral preocupan a
diferentes axentes do sector. As proxeccións que realizan para o
ano que empeza entornan, porén, un aire de resistente esperanza.
Eis un extracto da información publicada no número 330 de Sermos
Galiza.
O pasado setembro, Alberto Núñez Feixoo restituía a Consellaría
de Cultura. Como en tempos de Fraga Iribarne, iso si, engadíalle o
apéndice Turismo. Ou non tan apéndice, a xulgar polas
intervencións públicas do conselleiro, Román Rodríguez, cuxo
discurso se centra adoito no vindeiro Ano Xacobeo, 2021. A fusión e
a confusión entre cultura e turismo non coincide coas
preocupacións centrais dos axentes preguntados por Sermos Galiza
para facer unha prospectiva do sector de cara á 2019. A
precariedade é o elemento común que atravesa as súas angueiras.
Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B |