Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Reis Magos regresaron a Taboadela sobre dúas rodas
Primeiro foi a comunidade educativa do colexio de Seixalbo e agora os Moteiros Solidarios de Galicia. A familia que perdeu o seu fogar ao arder as caravanas nas que vivían no concello de Taboadela recibiron unha mostra máis de cariño. Neste caso de persoas que non os coñecen pero que quixeron pór o seu gran de area, xa que non é a primeira vez que participan en accións solidarias. Nada máis saltar a noticia, este grupo ourensán púxose ao choio e empezou a reunir roupa para toda a familia, o matrimonio e os seus dous fillos, o máis urxente. Pero non só iso.
Cando souberon que o neno maior do matrimonio, de 9 anos, perdera os seus agasallos de Papá Noel entre as chamas, poucos días despois de recibilos, decidiron que iso non podía quedar así. Que este ano, a cambio, terían Reis magos por partida dobre. Conseguiron recoller nunha gran caixa diferentes xoguetes, como peluches, balóns ou xogos de mesa para que suplan parte da decepción do pequeno. Pero tamén houbo para os maiores.

Os Moteiros Solidarios de Galicia recolleron varias caixas con roupa doada para toda a familia por parte dos seus socios e doutras persoas que se uniron á iniciativa. A familia de Taboadela segue recibindo mostras de cariño para ir recompondo a súa vida aos poucos.


Alba Osorio 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2019 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0