Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN GALEGO PREMIO NACIONAL DE MEDICINA CHINESA
O médico galego Diego González Rivas (A Coruña , 1974) formado na Universidade de Santiago, non podía imaxinarse que acabaría converténdose nun dos cirurxiáns máis populares de China. En 2010, sendo un novo cirurxián de 35 anos, realizou na Coruña a primeira cirurxía torácica coa súa revolucionaria técnica Uniportal VATS. A intervención realizábase cunha única incisión, o que se traducía en menos dor para o paciente e un restablecemento máis rápido, feito que foi todo un éxito. Desde entón, a súa vida voa entre o quirófano e o avión: aos seus 44 anos operou en 101 países e practica 800 intervencións ao ano, incluso os domingos.
Incorporouse no 2013 ao Shanghái Pulmonary Hospital, o maior centro do mundo dedicado á atención de pacientes pulmonares. Esta cidade, ofreceulle unha inmellorable base de operacións para ensinar a técnica a profesionais de todo o mundo como director do Programa de Adestramento Uniportal VATS. Os resultados das intervencións coa técnica que creara anos atrás na súa cidade natal, permitíranlle demostrar que os resultados do seu método en China eran espectaculares. Pois aumentou o número de operacións considerablemente, pasando de ter 5 quirófanos e 20 operacións diarias a realizar 90 cirurxías en 14 quirófanos cada día.
A súa innovación tecnolóxica e a súa cirurxía minimamente invasiva é o que lle valeu para converterse no primeiro estranxeiro en recibir o Premio Nacional de Medicina de China, na categoría de Innovación e Técnicas Punteiras; polo que os galegos podemos estar orgullosos de contar con científicos de tanta categoría a nivel mundial.

Jaime Eiriz
1º Bac. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0