Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS SIMPSON...
Boa e chuviosa tarde amigXs
Hoxe mentres comía estiven dándolle á testa pensando que escribir neste pequeno papel el branco. Pouco tardei a verdade e pode que non sexa do voso interese pero? sinceramente é o que hai; o tempo non da para máis e as noticias das que falan en xornais, informativos? pode non ser do voso agrado.
Pero volvamos ao comezo?
Vía os Simpson. Si, oístes ben, os Simpson. Esa serie á que moitos lle auguraban que duraría pouco tempo incluso eles mesmos pensaban que solo durarían uns 15 capítulos máis ou menos. Esa serie pouco pedagóxica pero que non deixa de ser o espello da sociedade occidental contemporánea. Esa serie coa que conseguimos rirnos ata de nós.
Quen non tivo ou ten de compañeira no colexio a unha intelixente Lisa ou a un traste con corazón de ouro como Bart. Quen non coñece ou ten na súa casa a unha dócil e dilixente nai e por suposto, quen non coñece ou convive cun ?Homer? (mellor sen cualificativos?)
Ben é certo que, a priori, a serie non representa o formato ideal de debuxos animados co que calquera neno ou nena debería medrar, mais penso que aí estades errados. Non soamente se aprende observando o que está ben, considero que se pode aprender incluso máis aplicando o descarte. Vendo o que está mal e corrixindo na túa vida diaria. Sobre todo se ao teu lado está un adulto que dende cativo/a che vai indicando que estaría ben ou que estaría mal no comportamento de cada personaxe e logo tu aplicas este coñecemento aprendendo por ensaio-erro-acerto.
Pero vexamos, Homer representa o modelo de emprendedor que calquera empresario desexaría, ao menos en maxín. Desenvolve todas as técnicas de mercado que un emprendedor debe aplicar ao seu negocio para que de froitos. É ousado, arriscado? Soamente lle move o desexo por ter máis diñeiro que o seu veciño Flanders. Estuda o mercado e adáptase ás súas necesidades cunha facilidade que soamente os debuxos animados poden permitirse, son realista!
Cando en Springfield se autoriza o matrimonio homosexual e o reverendo Lovejoy non o acepta, deseguida fai unha capela na súa casa para oficiar matrimonios gays e sacar pasta; ou cando cae a primeira nevada en Springfield, sae coa súa máquina ?quitaneves e ata inventa un ?slongan? pegadizo: ?Aquí está, noticias breves, para servirlle, míster ?quitaneves?; Inventa o híbrido entre o tomate e o tabaco apto para o consumo infantil; o Flameado de Homer... e moitos e moitos inventos máis porque 30 anos de emisión dan para iso.
Pero todo fracasa porque o executa sen coñecementos.
En canto a marido, deixa moito que desexar. Marido desconsiderado, machista impresentable e pai neglixente. Todo un modelo para REXEITAR. Aquí está o ?quid? da cuestión. Resulta tan esaxeradamente absurdo e rexeitable que se cae polo seu propio peso e un pensa: isto non pode estar pasando de verdade. Un marido non se pode comportar deste xeito. É repulsivo! Xa non digamos como pai. Realmente, non o é. Deixa toda a educación dos seus fillos en mans de Marge o que ás veces a supera.
En canto a Marge, coido que o seu papel é o dunha ama de casa dócil e dedicada por completo aos seus, pero que se sinte pouco valorada e incompleta. Non esquezamos que era unha moi boa estudante, de boa familia pero que por amor o deixou todo.
A través da súa relación con Lisa representa o cambio xeracional do papel da muller do século XX ao XXI. Ten asumido o seu papel na familia e na sociedade de Springfield pero esfórzase en inculcarlle a Lisa uns valores diferentes aos que ela recibiu. Representa todo o contrario ao que calquera nai desexa para a súa filla hoxe en día. Que se despoxen dos lastres que as mulleres traen ás súas costas durante séculos. Sobre isto habería moito de que falar pero tampouco é o sitio para crear un foro de debate.
En canto ás outras personaxes, cada unha ten o seu papel importante na serie e por contado, na sociedade de Springfield, espello de calquera localidade que poidamos coñecer.
Como anécdota e indagando un pouco, pódovos dicir que as personaxes principais da serie levan os nomes dos familiares do seu creador, Matt Groening. Seus pais, Marge e Homer, súas irmáns, Lisa e Maggie e por conseguinte, Bart debería de levar o nome de Matt, pero pareceulle moi ostentoso e decidiu alterar as letras da palabra mocoso, en inglés, Brat=Bart.
Algo que a min me impactou e do que se ten falado moito na televisión é do poder de predición da serie. Ás veces a realidade supera á ficción e neste caso cúmprese o dito. Refírome ao capítulo en que Lisa chega a Presidenta de Estados Unidos e comenta que o seu predecesor foi Donald Trump. Pois xa vedes, anos máis tarde, Donald Trump, contra toda previsión e por hobbie, chega a presidente!
Sexa como sexa, é unha serie que gusta e maiores e cativos. Podo ver unha e mil veces as reposicións e cada vez que vexo un capítulo de novo, atópolle algo que non lle encontrei con anterioridade. Soamente así se pode entender as cotas millonarias de audiencia que teñen. É unha serie que vale para todo o mundo e ten diferentes interpretacións segundo quen a vexa, dando pé incluso a teses e programas de discusión...
Pois nada, aí vos deixo, a seguirse rindo da sociedade con nós e de nós.
Me cago en...
Longa vida aos Simpson!


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0