Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Así é  Korolev, o impresionante cráter de xeo perpetuo de Marte  
Pode parecer unha estampa tipicamente do Nadal: neve recentemente caída acumulada, perfecta para facer bonecos ou simular siluetas de anxos no chan. Pero se a nosa intención é visitala, é posible que nos quede un pouco lonxe (de orzamento e de quilómetros), xa que o cráter Korelev atópase no Polo norte do noso veciño Marte.

A instantánea é un agasallo da misión Mars Express da Axencia Espacial Eurpea, quen enviou a misión ao planeta marciano o 2 de xuño de 2003 para acabar orbitando ao seu ao redor seis meses despois. Este mes cúmprense, precisamente, 15 anos desa fazaña, que axudou a comprender un pouco mellor os fenómenos que ocorren no frío e desértico planeta vermello.

 
Esta fotografía de Korolev foi captada pola Cámara Estéreo de Alta Resolución ( HRSC) de Mars Express, que comprende cinco «franxas» capturadas en distintas órbitas e combinadas para formar esta imaxe única. Ademais, tamén se desenvolveu outra foto en perspectiva, unha vista topográfica e outra contextual, para obter así unha visión completa do cráter e os seus arredores.





Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar

1°BACH A/N°13

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2018 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0