Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os colexios médicos de España alertan do declive da primaria |
|
 Non son os 25 xefes de centros de saúde de Vigo. Non son os profesionais dos puntos de atención continuada de Galicia. É toda a atención primaria.A porta de entrada ao sistema de saúde, o alicerce da sanidade deteriórase de forma «progresiva e continuada», din os colexios médicos de toda España. Porque os conflitos que vive Galicia durante estes últimos meses repítense noutras comunidades autónomas. A asemblea xeral do consello xeral destes colexios reuniuse este fin de semana en Madrid e entre outras actuacións emitiu unha declaración de apoio e solidariedade «ás reivindicacións dos médicos de atención primaria, que coinciden coas que defende esta organización».
Nun decálogo, os colexios denuncian o abandono deste nivel asistencia, a carencia de médicos, a precariedade e a sobrecarga asistencial. Piden tempo e recursos para atender aos pacientes. «Unha atención primaria debilitada e sen alta capacidade de resolución lastrará todo o noso sistema sanitario público».
Paula Vázquez Dacruz 4ºB
Entre as peticións que recolle o comunicado figura aumentar o diñeiro que se destina á sanidade pública. O 7 % do PIB cun avance anual no apartado da primaria. E elevar as prazas mir de medicamento de familia e pediatría para permitir a reposición dos médicos que se xubilarán proximamente. Finalmente a asemblea reclama un monográfico do Consello Interterritorial do SNS para abordar todos os problemas que aburan á atención primaria. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|