Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre unha muller atropelada por un coche en Mazaricos

Unha muller faleceu ao ser atropelada por un turismo na tarde do sábado no lugar de As Mariñas, en Mazaricos (A Coruña). Segundo informa o 112, este sinistro mortal produciuse pouco antes das 19 horas da tarde, cando a vítima foi alcanzada por un coche.
Ata o lugar acudiron os profesionais do 061- Urxencias Sanitarias, pero non puideron facer nada por salvar a vida da muller. Para colaborar co equipo médico, o persoal do 112 avisou aos bombeiros de Santa Comba e aos voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.
Horas antes, en Santiago, outra muller foi evacuada tras caer dunha altura de tres metros cando tentaba fuxir dun incendio declarado na súa cociña, nun domicilio situado na parroquia de O Carballal, en Lavacolla. Segundo informa o 112, foron os ocupantes desta vivenda do termo municipal de Santiago os que contactaron co servizo de emerxencias para a extinción das chamas, que comezaron nunha secadora e acabaron arrasando por completo a cociña.
No intento de poñerse a salvo do lume, unha muller caeu dunha altura duns tres metros, polo que tivo que ser evacuada ao Hospital Clínico polos servizos sanitarios. Tamén unha menor foi trasladada. Finalmente, as chamas foron sufocadas polos bombeiros de Santiago. Ademais do 061- Urxencia Sanitarias, participaron no operativo as forzas da orde local e nacional.
Ana Ramos 2Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-12-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0