Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Educación concede 140 bolsas a universitarios galegos para programas de mobilidade con outros países |
|
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder 140 bolsas a estudantes das tres universidades do SUG (Sistema Universitario Galego) para que no presente curso 2018/19 participen en programas de intercambio con países extracomunitarios (agás o programa Erasmus+) relacionados cos estudos que cursan.
O departamento educativo da Xunta destina un total de 238.000 euros a esta iniciativa, a razón de 1.700 euros por beneficiario. Neste ano incrementouse nun 28,4% o número de bolsas concedidas (ao pasar das 109 do curso pasado ás 140 actuais), así como a achega por alumno (200 euros máis que o anterior ano).
Beatriz Abundancia, 2ºBach. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|