Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vox critica que as nenas poidan elixir pantalón e o PPdeG lle replica que terán liberdade.
"É unha broma ou é verdade que van empezar a dicir aos colexios como teñen que ser os uniformes!", expresou o líder do partido como crítica á iniciativa aprobada no Parlamento galego´´.
O PPdeG saíu a defenderse na rede social Twitter das críticas que o presidente de Vox, Santiago Abascal, fixo ante a iniciativa aprobada no Parlamento de Galicia, a proposta de En Marea, para que as nenas dos colexios en Galicia poidan escoller entre saia ou pantalón cando no centro escolar sexa obrigatorio o uniforme.
Nun tuit, o presidente de Vox apela ao líder do Partido Popular, Pablo Casado, para preguntarlle se é "unha broma ou é de verdade" que os populares "van empezar a dicir aos colexios como teñen que ser os uniformes". " Sóavos iso da "liberdade dos para elixir a educación dos seus fillos"? Deixade ás familias e aos nenos en paz", tuiteó o presidente de Vox.
Unha iniciativa apronada no Parlamento de Galicia
A proposición non de lei aprobada insta á Xunta de Galicia a "implantar e aplicar" todas as medidas normativas e regulamentarias para que, a partir do seguinte curso escolar, "todos aqueles centros educativos que decidan que o alumnado leve uniforme escolar non obriguen a un código de vestimenta diferenciado por sexo entre alumnas e alumnos, contemplando en todo caso a opción de que as alumnas poidan elixir acudir ao centro educativo con pantalón".
Fontes da Consellería de Educación consultadas manifestaron que a aprobación da proposta de En Marea aínda é moi recente e que aínda teñen que "estudar" como se aplicará a iniciativa á que insta o Parlamento de Galicia. En todo caso, é unha proposición non de lei, polo que non obriga ao seu cumprimento ao Goberno.

Ester Barreira, 2ºBach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-12-2018 07:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 En Marea aínda é moi recente e que aínda teñen que "estudar" com#blgtk08#o se aplicará a iniciativa á que insta o Parlamento de Galicia.
Comentario por replica sunglasses uk (12-09-2019 05:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0