Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concello de Ourense terá paradas antiacoso no transporte urbano desde este venres
O Concello de Ourense contará con paradas antiacoso no transporte urbano desde este venres, 7 de decembro, co obxectivo de garantir a seguridade e a integridade das mulleres que viaxan soas.

Así o anunciou este mércores o ente local a través dun comunicado emitido após a reunión mantida na mañá de deste mesmo día polo concelleiro de Transporte e Mobilidade e o xerente da empresa concesionaria Ourense de Transportes.
Segundo informou o Concello, a viaxeira non terá máis que informar coa antelación debida sobre o lugar de baixada solicitado para poder apearse pola porta dianteira do autobús cando chegue ao seu destino e os traballadores do servizo de autobuses estarán sempre pendentes de como se efectúa a baixada para, se fose necesario, avisar á Policía Local de calquera incidente que se poida producir. O servizo funcionará todos os venres de 23,00 horas a 6,30 horas e os sábados e vésperas de festivos de 23,00 horas a 7,00 horas nas liñas na 25A O Vinteún-A Cuña; e na 25B Residencia-Estación de Autobuses.

O concelleiro José Araújo sinalou que esta medida converte Ourense nunha cidade con maior percepción de seguridade para as mulleres.
Outras cidades galegas como A Coruña e Vigo xa puxeron en marcha este servizo, que funciona tamén en urbes españolas como Bilbao ou Terassa, así como noutras europeas como Nantes, Bordeus ou París.

Sofía Cougil García, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-12-2018 07:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0