Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xefe de maquinistas de Ourense avisou ao presidente de Renfe do perigo da curva de Angrois

José Ramón Igrexas Mazaira alertou aos seus superiores, dúas semanas despois da inauguración da liña, de que o freado na Grandeira debía realizarse "de forma moi brusca e sen un aviso previo de sinalización", nun tramo sen ERTMS

Quen presidiu Renfe de 2009 a 2012, José Teófilo Serrano Beltrán, comparecerá na comisión de investigación no Congreso sobre o accidente do tren Alvia na sesión do próximo mércores, día 12.

Serrano Beltrán estaba á fronte da operadora ferroviaria cando, en decembro de 2011, un xefe de maquinistas avisou do perigo da curva de Angrois, onde o descarrilamento do convoi o 24 de xullo de 2013 significou 80 mortes e 144 feridos.

Esta advertencia produciuse dúas semanas despois da inauguración da liña e ano e medio antes do accidente, polo que están investigados tanto o maquinista como o exjefe de seguridade de Adif.

No seu aviso, o xefe de maquinistas de Renfe en Ourense, José Ramón Igrexas Mazaira, indicaba que o freado na curva da Grandeira debía realizarse "dunha forma brusca sen un aviso previo por sinalización da vía" nun tramo no que xa non estaba instalado o sistema de control continuo da velocidade ERTMS, senón o Asfa.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-12-2018 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0