Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GERMÁN LUACES, O ÚLTIMO DAS ILLAS CÍES

Germán Ramón Luaces Freijeiro, o último habitante das illas Cíes morreu o 30 de novembro aos 54 anos cando xa ninguén o esperaba, despois de dar batalla ao cancro durante máis dunha década. Fillo dun capitán de mariña mercante, non tiña máis nada que aquelas paredes. Vivía sen máis luz que a dun pequeno xerador e sen auga corrente. Se alguén perdía o último barco de regreso a terra firme, non achaba oco no cámping e non sentía con ánimo, en plena noite, de facerse a nado os máis de 10 quilómetros que separan o arquipélago de Cíes da cidade de Vigo, ata agora non tiña máis que buscar na illa de O Faro unha bandeira pirata.

Dende a fin de semana, cando a noticia da súa morte percorreu Vigo, toda unha rede de xente agradecida empezou a organizar unha colecta, a través dunha conta bancaria e huchas repartidas polos bares, para conseguir os 2.400 euros que custaba a incineración. O martes, ao fin, levou a cabo a ceremonia: os amigos cubriron o cadaleito con bandeiras piratas e encheron de fotos das illas a sala do tanatorio.

Paloma González González 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-12-2018 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0