Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novidades nas Cíes
O novo sistema de xestión de autorizacións para visitar as illas Cíes entrou en funcionamento hoxe e será válido para as reservas que se realicen a partir do 1 de xullo, segundo avanzou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz. Os usuarios que queiran visitar as Cíes deberán xestionar as autorizacións a través da web da Xunta, e estas emitiranse unha vez que adquiran o correspondente billete nas navieras autorizadas.

O sistema é similar ao implantado en Semana Santa, baseado nunha autorización personalizada, pero coa particularidade de que está tecnoloxicamente integrado cos sistemas informáticos das navieras. Esta autorización terá unha validez de dúas horas condicionada á adquisición do billete, co último obxectivo de evitar a sobrevenda.

Manteranse os controis mediante a lectura do código de autorización, tanto nos portos de saída como no desembarco nas Cíes. Ata o próximo 30 de xuño convivirán os dous sistemas de autorización, xa que ata entón só poderanse visitar as Cíes durante o fin de semana.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 03-06-2018 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0