Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Absólvese á muller acusada de violar ao seu sobriño
A muller de 24 anos xulgada o 10 de febreiro en Pamplona por manter relacións sexuais co seu sobriño de 15 anos foi absolta de varios delitos de agresión sexual e abuso sexual cara ao seu sobriño político de 15 anos de idade. A sentenza polo momento non é firme e cabería recurso contra ela.

A presunción de inocencia prevaleceu xa que non se puido demostrar que as relacións sexuais tivesen lugar polas ameazas da muller sobre o menor.

A moza estaba acusada de obrigar ao menor para ter relacións sexuais con penetración en varias ocasións no domicilio familiar na conca de Pamplona baixo ameazas de que lle diría á familia que era el o que a violaba.

Segundo sostivo a acusación, a muller aproveitaba para violar ao menor cando quedaban sós ou os demais membros da familia durmían.

O Ministerio Fiscal solicitaba para a muller 42 anos de prisión, 13 por cada delito de agresión sexual e 3 por outro de abuso sexual, ademais dunha indemnización de 15.000 euros.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-04-2018 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0